En primeiro lugar, a gamificación
consiste en empregar dinámicas e mecánicas de xogo en medios onde normalmente
non se xoga. A gamificación permite
que o alumnado falle, probe e descubra novas vías de aprendizaxe. É unha forma
de motivar os estudantes e que desenvolvan a súa personalidade e as súas
habilidades cognitivas.
En segundo lugar, a través da gamificación
presentáronnos o deseño curricular, a priori, un
tema pouco motivador para a clase, mais que con este modelo de ensinanza
resultou moito máis ameno. Por medio da aplicación Kahoot, unha ferramenta para crear xogos de preguntas e
respostas, puidemos mobilizar os nosos coñecementos acerca dos graos de
concreción curricular. Así, determinamos que competencias teñen o Goberno do
Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autónomo, así como os centros
docentes. O curioso disto é como inflúe a terminoloxía para poder distinguir as distintas
competencias que teñen que realizar os distintos órganos. A clave para
entendelas ben reside, moitas veces, nunha palabra. Por exemplo, o Goberno do
Estado fixa o horario lectivo mínimo
e, o Goberno Autónomo, o horario lectivo máximo.
Despois de xogar, toda a clase
estaba máis receptiva para prestar atención ó contido. Tras especificar os elementos
do currículo (obxectivos, competencias, contidos, estándares de aprendizaxe,
criterios de avaliación e metodoloxía) e os graos de concreción curricular, concretamos
o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato no
ámbito das linguas estranxeiras. Desta maneira, puidemos comprobar que o
traballo cooperativo está moi presente na metodoloxía da ESO e de Bacharelato,
o cal é moi positivo para que o alumnado respecte e valore a opinión dos demais,
avance na aprendizaxe con motivación e esforzo e potencie a creatividade coa
elaboración de distintos proxectos (tan de moda agora).
A continuación, revisamos como están integradas as linguas estranxeiras na Formación Profesional (FP) e verificamos que características debe ter o profesorado neste campo. Así, o equipo docente necesita contar cunha habilitación lingüística nivel B2 para impartir as distintas linguas estranxeiras que están presentes no currículo. Que este sexa o requisito para ensinar ó alumnado unha lingua estranxeira é insuficiente, xa que os estudantes de FP precisan profesionais que teñan un alto dominio da lingua en ámbitos, sobre todo, orais para que poidan desenvolverse no mundo real e cun nivel B2 aínda non se é un usuario competente, polo que dificilmente poderán atender as necesidades deste tipo de alumnado. Deberíase endurecer o nivel de dominio dunha lingua para proporcionar unha mellor educación.

Ó final da sesión, demostrouse
como, cun simple cambio na forma de ensinar (grazas á gamificación), temas tan pouco motivadores como, neste caso, o
deseño curricular, poden ser tamén divertidos para o alumnado e poden crear
ambientes propicios para expoñer a súa opinión sobre, no caso que nos atangue, o
establecemento do currículo base das linguas estranxeiras implantado na ESO e
Bacharelato da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE). Foi unha forma distinta e motivadora de presentar un
contido e resultou unha experiencia moi enriquecedora.
0 comentarios:
Publicar un comentario