A
Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (de agora en adiante, LOMCE) é
un conxunto de medidas que pretende favorecer as condicións para que todos os
alumnos e alumnas poidan acadar o seu desenvolvemento persoal e profesional a
través das súas capacidades. Esta lei é unha modificación da Lei orgánica de
educación (LOE)
que foi implantada o 3 de maio do ano 2006. Nos últimos meses, a LOMCE recibiu
moitas críticas por parte do profesorado e polas familias dos/as alumnos/as. A
continuación, analizaranse brevemente algunhas das cuestións que teñen que ver
co ámbito das linguas, sobre todo, as relacionadas coa primeira lingua
estranxeira (que adoita ser a lingua inglesa).
A LOMCE fai
fincapé na necesidade de mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Desta
maneira, pretende potenciar a educación plurilingüe, dando prioridade á lingua
oral sobre a escrita. Isto xorde porque o noso país non obtivo un bo resultado
na lingua inglesa, segundo o Estudo
Europeo de Competencia Lingüística (2012), e a peor puntuación
lévaa a comprensión oral. De aquí que os obxectivos xerais da Educación
Secundaria Obrigatoria (ESO) sexan comprender e expresarse de xeito adecuado
nunha ou más linguas estranxeiras, e que en Bacharelato lle dean máis
importancia a que o alumnado sexa capaz de expresarse con fluidez. Segundo o
meu punto de vista, isto supón un erro, xa que dominar unha lingua non implica
só a parte oral; tan importante como
poder falala é o feito de poder comprendela e saber escribila de xeito
apropiado.
En
canto ó nivel de dominio da lingua estranxeira, o último informe EF English Proficiency Index (EPI) publicou que o nivel B1 na lingua inglesa é o que
predomina entre os españois actualmente. Respecto ó alumnado, a LOMCE afirma
que só o 28%
acada o nivel B1, polo que insiste en fomentar a aprendizaxe da primeira lingua estranxeira e que, polo menos o 50% do alumnado poida lograr o nivel B1. Ante este obxectivo parece un pouco irónico o feito de que a carga lectiva da primeira lingua estranxeira sexa de 3 horas e de 2 horas para a segunda lingua estranxeira. Considero que este número de horas é insuficiente para acadar o nivel que se propón na LOMCE. O proceso de aprendizaxe de calquera lingua require tempo e non se pode pretender que un/unha alumno/a logre ese nivel neste período de tempo.
Outro aspecto que está vinculado cos resultados nas distintas áreas de coñecemento, tamén no referido ás linguas estranxeiras, é a recuperación das avaliacións externas de fin de etapa. Isto é unha das principais novidades que presenta a LOMCE e que provocou moitas críticas. Dende estas liñas non analizarei se é totalmente positiva ou negativa, simplemente gustaríame destacar o feito de que esta medida xorde da necesidade de frear o nivel insuficiente obtido nas distintas probas internacionais como as levadas a cabo pola OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) baixo o nome de PISA (Programme for International Student Assessment). Dende a miña perspectiva non considero que sexa totalmente beneficioso introducir as avaliacións externas só porque uns informes internacionais así o ditaminen. Por exemplo, no caso do Informe PISA, este mide a literacy, é dicir, a «literacia», que é a capacidade de aplicar coñecementos á realidade. Mais esta capacidade é moi xeral, de verdade só depende do aprendido na escola? Ou depende doutros factores como o entorno familiar? Se é así, por que o Goberno xustifica, en parte, a implantación desta medida polos resultados que mostra este informe? Non a debería establecer por outras razóns e non só por que o diga este informe?

Antes de
finalizar, é fundamental que o equipo docente de linguas se estea actualizando
constantemente e, para isto, sería beneficioso que contara coa oportunidade de
realizar intercambios con outros países nos que a súa lingua sexa a que se
imparte nas nosas aulas. Ademais, para que o alumnado adquira ese alto nivel
nas linguas estranxeiras é necesario a incorporación en todos os centros de
figuras como os auxiliares de conversación, lectores e/ou profesorado en
prácticas nativos, xa que son profesionais na súa lingua.
Para
resumir, a LOMCE presenta aspectos positivos e outros negativos, os cales
comentei nestas liñas. Respecto ó ámbito das linguas estranxeiras, esta Lei
aínda ten que revisar os obxectivos e o horario que se marca porque, dende a
miña perspectiva, non serve de axuda para o alumnado. Outro aspecto que se debería
examinar sería o tipo de avaliacións e comprobar se se realizan por un adecuado
motivo ou non. De todas maneiras, esperemos que nun futuro próximo, as medidas
que está impoñendo consigan os resultados esperados, polo ben do alumnado.
0 comentarios:
Publicar un comentario