Mostrando entradas con la etiqueta competencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta competencias. Mostrar todas las entradas

Propuesta didáctica: Recetas del mundo

domingo, 14 de febrero de 2016
En esta entrada os voy a describir una actividad para llevar a cabo en el aula de lenguas y que incluye el desarrollo de varias competencias.
La actividad lleva por título The Globetrotter Chef (El/la chef trotamundos) y está destinada, sobre todo, al alumnado de 4º de la ESO o de 1º de Bachillerato para que mejoren su dominio en la lengua extranjera. Pero también se puede realizar con alumnos/as de español o gallego como lengua extranjera que tengan un nivel B1-B2/ C1-C2. El grado de dificultad será mayor cuanto más nivel tenga el alumnado. 
Los objetivos que se pretenden conseguir son los siguientes:
ü  Practicar la estructura gramatical y el vocabulario de las recetas.

ü  Desarrollar la expresión oral y la expresión escrita.

ü  Fomentar la pronunciación.

ü  Desarrollar la capacidad de aprender a aprender.

ü  Conocer la gastronomía de otras partes del mundo.

ü  Motivar al alumnado.

ü  Potenciar la creatividad del alumnado.

ü  Utilizar materiales reales para el proceso de aprendizaje.
A través de esta actividad, los/as alumnos/as potenciarán las siguientes competencias clave:
-        la competencia en comunicación lingüística, ya que tienen que aplicar los conocimientos de la lengua cuando expliquen los pasos de la receta elegida;

-        la competencia digital, al tener que utilizar herramientas digitales como los editores de vídeos;

-        la competencia de aprender a aprender, porque tienen que investigar sobre la elaboración de la receta y buscar información sobre el país del que procede;

-        el sentido de iniciativa y espíritu emprendedor, al tener que decidir la forma de presentar y elaborar la receta a partir de su nivel de dominio de la lengua;

-        la competencia de conciencia y expresiones culturales, ya que investigarán y valorarán sobre la parte del mundo de donde procede su receta.
En cuanto al procedimiento, cada alumno/a escogerá una receta de una parte del mundo (a su elección) y tendrá que grabar un vídeo realizando esa receta. Puede grabarse a sí mismo/a haciéndola o puede elegir a un miembro de su familia para que lo/a ayude o para que la haga completa. También se le da la opción de que saque fotos del proceso y que luego lo monte en forma de vídeo. Para ello se le facilitarán las herramientas oportunas como editores de vídeos (Windows Movie Maker, VirtualDub) o herramientas de subtitulado (Subtitle Workshop).
En el vídeo tiene que aparecer la descripción de los pasos, de manera oral o bien de forma escrita.
A la hora de evaluar, se valorarán más aquellos trabajos que sean más creativos, en los que se note el esfuerzo y se haga uso adecuado de las estructuras gramaticales y del vocabulario. También se dará importancia a la pronunciación a la hora de describir los pasos de la receta.
Algo que hay que tener en cuenta es que se le dará al/a la alumno/a la opción de que sea él/ella mismo/a quien elija el grado de dificultad de la tarea. Aquellos/as estudiantes que tengan un mayor dominio de la lengua y sean menos vergonzosos/as, puede que elijan grabarse y describiendo los pasos oralmente, mientras que los/las que sean más tímidos/as o no tengan tanto dominio prefieran sacar fotos y describir los pasos de manera escrita.
A continuación os facilito la ficha técnica de esta actividad.




Actividad
  The Globetrotter Chef
(El/la chef trotamundos)

Nivel
 B1-B2/ C1-C2




Objetivos
- Practicar la estructura y el vocabulario de las recetas.
- Conocer la gastronomía de otros países.
- Desarrollar la expresión oral y escrita.
- Fomentar la capacidad de aprender a aprender.
- Mejorar la pronunciación.
- Facilitar la motivación a través de material real.
- Potenciar la creatividad.




Desarrollo de la actividad
¡Todos/as podemos convertirnos en chefs con esta divertida actividad! ¡Solo hay que ponerle un poco de imaginación!

El procedimiento es sencillo: cada alumno/a tendrá que elegir una receta, perteneciente a una parte del mundo, y elaborar un vídeo realizándola. Se puede pedir ayuda a un/a amigo/a o familiar.
En el vídeo deberá aparecer la descripción de los pasos dados, de forma oral o escrita.
Competencias
CCL, CD, CAA, SIEP, CEC1
Dinámica
Individual
Materiales necesarios
Windows Movie Maker, acceso a Internet
Temporalización
-
1Competencias clave (CC): comunicación lingüística (CCL), competencia matemática y competencias básicas en ciencia y tecnología (CMCT), competencia digital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociales y cívicas (CSYC), sentido de iniciativa y espíritu emprendedor (SIEP) y conciencia y expresiones culturales (CEC).
¿Qué os parece? ¿La realizaréis con vuestro alumnado? ¡Compartid vuestras experiencias!

ASPECTO MÁIS RELEVANTE DO TEMA 7: O ensino e a aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna

miércoles, 13 de enero de 2016

É innegable a importancia que ten a ensinanza e a aprendizaxe das linguas estranxeiras e todos os países son conscientes disto. Así, cada un deles adoptou as medidas que pensou que eran as máis oportunas para impulsalas, mais non todos obtiveron os mesmos resultados. Nestas liñas analizarei o nivel que posúen determinados países europeos respecto ás linguas estranxeiras, centrándome sobre todo en España. Ademais, comentarei brevemente as características máis salientables do sistema educativo finlandés, considerado un dos mellores en Europa, e explicarei aquelas medidas que o sistema educativo español implantou e que o finlandés optou por non as aplicar ó consideralas pouco efectivas.
Antes de avaliar os índices de nivel das linguas estranxeiras nos distintos países da Unión Europea é preciso determinar cal é a lingua estranxeira que máis se emprega dende a etapa da educación primaria e que, polo tanto, será considerada como primeira lingua estranxeira. Para elo, tomei como referencia o informe da Rede Eurydice sobre a ensinanza de linguas nos centros escolares de Europa 2012. A Rede Eurydice informa sobre os sistemas educativos europeos e, segundo o seu informe publicado, o inglés sería a lingua que máis se estuda como lingua estranxeira en todos os países. A continuación estaría o francés ou o alemán como segunda lingua estranxeira e o español sería a terceira o cuarta lingua que máis se ensina.
Unha vez establecidas a primeira e a segunda lingua estranxeira é hora de analizar o nivel de competencias en linguas estranxeiras do alumnado europeo. Así, hai determinados estudos que miden este nivel, como o Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL). Este estudo mostra como a porcentaxe de alumnos/as españois que acadan o nivel B2 en comprensión oral na primeira lingua (inglés) é do 12% e como en Suecia ou Malta supera o 70%. Respecto á comprensión lectora, España presenta o 18% que posúen o nivel B2 en contraposición a países como Suecia, Malta ou Estonia que superan claramente o 40%, de feito, Suecia e Malta logran máis do 60%. E a última competencia que examina o EECL é a expresión escrita, onde só o 9% do alumnado español ten un nivel B2 na primeira lingua estranxeira. De novo, Suecia, Malta e Estonia son os países que mellores resultados obteñen: máis do 25%. É preciso aclarar que Malta presenta uns elevados porcentaxes en todas as competencias debido a que foi unha colonia británica. Neste estudo compróbase como España consigue os peores resultados na comprensión oral.
Respecto á segunda lingua estranxeira (francés), España acada bos resultados en comprensión lectora, tendo en conta que só dous países máis (Portugal e Grecia) tamén elixiron a lingua francesa como segunda lingua. O caso máis curioso é o de Suecia, que logra un dos mellores resultados no tocante á primeira lingua estranxeira (inglés) e un dos peores na segunda lingua (español).
Deste estudo se desprende o feito de que o nivel de competencia da primeira lingua estranxeira na maioría de países europeos é superior á segunda e de que o sistema educativo español aínda ten que esforzarse máis para que o seu alumnado adquira un alto nivel de competencia nas linguas estranxeiras.

Ó falar de países cun elevado nivel nas linguas estranxeiras (sobre todo na primeira), non me podo esquecer de Finlandia. Segundo o último informe de Education First, English Proficiency Index (EPI), Finlandia ocupa o quinto lugar entre os 70 países avaliados fronte o posto 23 de España. O alto nivel na primeira lingua estranxeira (inglés) en Finlandia ten a súa orixe na educación.
O éxito do sistema educativo finlandés reside en varios aspectos que comentarei a continuación. O primeiro aspecto é que a educación obrigatoria comeza ós 7 anos e se empeza a estudar as linguas estranxeiras á idade de 9 anos; ademais, a lei establece que sexa gratuíta, incluíndo o material escolar e o comedor. Un segundo aspecto está relacionado coa organización da aula. En Finlandia o número de alumnos/as por aula é de 18 e o horario de clase é de 45 minutos con descansos de 15 minutos, tal e como se pode comprobar no programa de Jordi Évole, Salvados. Un terceiro aspecto e que é o piar fundamental do sistema educativo finlandés é a figura do/a docente. O/a profesor/a finlandés/a está altamente preparado: os finlandeses escollen só os mellores alumnos/as para ser profesores. Outra clave é o prestixio do que gozan dentro da sociedade e que contribúe a que estean máis motivados e teñan maior autonomía dentro da aula. Está claro que con estas características só non se acada o éxito, por iso a sociedade finlandesa conta cunha serie de valores esenciais como a importancia que se lle dá á intelixencia e á creatividade.
Unha vez examinado o sistema educativo finlandés, pódense comprobar as diferenzas co noso país. España implantou unha serie de medidas que non parecen moi efectivas para o país nórdico. Así, os alumnos españois comezan a estudar obrigatoriamente a primeira lingua estranxeira ós 6 anos, antes que os alumnos finlandeses. Respecto á organización da aula, España conta cun número elevado de alumnos/as por aula (ata 26), contrastando co número máis reducido de Finlandia (18). Tamén os alumnos españois teñen un alto número de horas de clase respecto ó país finlandés (875 horas lectivas fronte ás 608 de Finlandia). En canto ó tempo dedicado ó estudo , os alumnos españois son moi aplicados, segundo o informe PISA ocupan o quinto posto, en contraposición co país nórdico que se sitúa no último.
Ademais disto, é importante sinalar a visión que ten a sociedade española do/a docente, que difire moito da finlandesa. O desprestixio dos/as profesores/as españois está relacionado coa perda da calidade educativa e da autoridade, así como cos cambios de lexislación sobre a educación dos últimos anos. A sociedade percibe que o noso sistema educativo non proporciona os resultados esperados e que os principais responsables de que ocorra isto son os/as profesores/as, polo que a profesión de docente non se valora como debería.

A modo de conclusión, a través dos distintos informes comprobouse que España segue a estar nunha posición inferior respecto ás linguas estranxeiras se se compara con outros países europeos. Ademais, analizando o sistema educativo de Finlandia, España debe revisar as súas medidas xa que non comportan unha mellora no sistema de ensinanza. A solución non radica en imitar o modelo finlandés, xa que o tema da educación é demasiado complexo para simplificalo a «copiar» o sistema doutro país. Mais si que hai certas medidas que se poderían aplicar como a redución de cargas lectivas e o número de alumnos/as por aula ou cambiar a forma que ten a sociedade de concibir a profesión docente. Ademais disto, a peza fundamental reside na mentalidade da comunidade, non só no tocante ó equipo docente, senón respecto ó proceso de ensinanza-aprendizaxe en xeral. Non só con estas medidas se pode axudar a conseguir unha mellorar no ámbito educativo, senón que é necesario que todos os axentes que están inmersos neste proceso (profesorado, familias, alumnado...) sexan conscientes do seu papel e asuman a súa responsabilidade.

ASPECTO MÁIS RELEVANTE DO TEMA 3: A aula de idiomas 3.0

domingo, 10 de enero de 2016
O estilo de vida dos cidadáns evolucionou ó longo dos anos e trouxo consigo cambios no panorama económico, político, social, ..., e tamén no ámbito da educación. O que valía antes xa non serve agora. Neste contexto de continuo cambio, a sociedade demanda un tipo de aprendizaxe distinta a dos últimos anos, mais, cal é esa aprendizaxe? Que clase de docentes require a sociedade actual? Que características teñen que ter unha aula e o traballo realizado durante o curso para que sexan eficaces?  

A través destas liñas, analizarei brevemente os actores e os valores que a sociedade de hoxe en día precisa nunha aula para que sexa competente. Centrareime, sobre todo, na aula de linguas estranxeiras, xa que é o tema estrela deste blog.

En primeiro lugar, para determinar o tipo de aprendizaxe que require o alumnado actual hai que ter en conta a lexislación educativa. O desenvolvemento da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) impulsou cambios importantes que os centros e os/as docentes debían levar a cabo neste novo contexto educativo. Un destes cambios foi a introdución das competencias básicas no currículo, que afectou ás metodoloxías didácticas, ós criterios de avaliación e á organización escolar. Este enfoque baseado en competencias precisa dunha aprendizaxe verdadeiramente funcional, afastada das tarefas tradicionais.

Representación das «clásicas» tarefas


O alumnado deste século necesita unha aprendizaxe que estimule a súa capacidade para comprender e dominar o seu propio proceso de aprendizaxe (Pérez Gómez, A. I., 2007), que lle axude a desenvolver as competencias básicas, que o motive e que lle ensine valores como o traballo cooperativo, o respecto polas opinións dos demais, a empatía ou a confianza nun mesmo.

En segundo lugar, os actores e as actrices que están inmersos no proceso de aprendizaxe son, sen lugar a dúbidas, o equipo docente e o alumnado. A figura do/a profesor/a é clave para que o/a estudante poida desenvolver todo o seu potencial durante a súa traxectoria persoal e laboral. A sociedade actual demanda dun/dunha docente cunhas características propias, entre as que destacan a capacidade de aprender e de ensinar e o dominio da área de coñecemento que vai impartir (no caso que nos atangue, a lingua estranxeira). Na primeira habilidade inclúense calidades como a paciencia, a disposición de axudar, a empatía, a flexibilidade, a creatividade e a resolución de problemas.
Todas estas características non inflúen só no ámbito das linguas estranxeiras, senón tamén en todas as áreas de coñecemento. A labor do/a profesor/as non é só a de transmitir coñecementos, igualmente debe inculcar valores como os comentados no parágrafo anterior. Para que o grupo aula funcione adecuadamente, o/a docente debe saber identificar as súas necesidades.  
Ademais do equipo docente, a outra figura relevante no proceso de aprendizaxe é o/a alumno/a. O papel do/a estudante é o de deixar de ser un suxeito pasivo, é dicir, non volver a ser un mero receptor de coñecementos. O alumnado ten que participar activamente nos procesos de pescuda, estudo, reflexión, aplicación e comunicación do coñecemento; sempre orientado polo/a docente. Desta maneira, poderá desenvolver as súas competencias e chegará a ser capaz de aprender a aprender.
En terceiro lugar, para que a aula de linguas estranxeiras sexa eficaz é necesario que, tanto o/a profesor/a como o alumnado, se comprometan a dar o mellor de si mesmos/as. Á parte disto, o entorno no que se desenvolve o proceso de aprendizaxe é moi importante. A organización espacial e temporal debería ser máis flexible e creativa, porque moitas veces os horarios impostos non axudan a que o alumnado acade os seus obxectivos e dificultan a entrada de novos proxectos ligados ás realidades culturais, sociais ou naturais (Pérez Gómez, A. I., 2007). O/a docente debe crear un entorno no que o/a alumno/a se sinta libre de probar, reflexionar, errar e resolver os problemas, e así proporcionarlle a confianza que necesita para a súa vida.     


Outro elemento que hai que destacar cando se está a comentar sobre o que debería ter unha aula para ser máis competente é a orientación. A orientación trátase do proceso de axuda continuo a todas as persoas, en todos os seus aspectos co obxecto de potenciar o desenvolvemento humano ó longo de toda a vida (Bisquerra e Álvarez, 1999:9). Neste proceso están inmersos un conxunto de axentes como o equipo docente (xa analizados anteriormente), os/as titores, os/as orientadores e as familias do alumnado. A orientación ten un rol moi importante na formación do/a estudante e que, moitas veces, non se lle da a importancia que merece. A través dela, e máis concretamente mediante a titoría, foméntase o desenvolvemento académico e profesional do alumnado e estimúlanse as estratexias de aprendizaxe para que este poida seguir aprendendo sempre. Unha inadecuada orientación pode ter consecuencias moi negativas na vida do/a estudante, por iso é preciso contar con bos profesionais neste ámbito.
En resumo, nesta sociedade cambiante é preciso que a forma de ensinar se adapte a ela. A ensinanza tradicional xa non vale e hai que innovar para que o alumnado sexa o máis competente posible na súa traxectoria persoal e laboral. Neste contexto, agora os/as estudantes requiren dun modelo de aprendizaxe máis funcional, vinculado as súas necesidades.

Para levar a cabo este tipo de aprendizaxe están os/as docentes, cuxo papel é o de dotar ó alumnado de ferramentas para autorregular o coñecemento, interpretar e comprender a realidade.
Da mesma maneira en que cambia a ensinanza, cambia o alumnado, Así, este debe estar disposto a aprender e participar activamente no proceso de aprendizaxe.

Alén disto, é importante destacar que o entorno no que se produce a ensinanza inflúe no desenvolvemento das tarefas dos/as docentes e dos/as estudantes. É imprescindible que sexa un contorno seguro, no que se favoreza a motivación, a confianza, a cooperación entre iguais e o interese no desenvolvemento das competencias dende unha perspectiva práctica. Tamén é necesario ter presente a importancia de contar con orientadores para que actúen como guía e axuda a todos/as os/as estudantes durante o seu desenvolvemento. Se todos estes elementos cumpren a súa función, a aula na que se imparta calquera área de coñecemento poderá ser un éxito.

ASPECTO MÁIS RELEVANTE DO TEMA 5: As programacións didácticas vixentes

jueves, 7 de enero de 2016
No ámbito da educación, as programacións están á orde do día. Mais para aquelas persoas que non están familiarizadas con este termo, unha programación didáctica é o instrumento de planificación que presenta o/a docente para que o/a estudante sexa capaz de aprender. Na programación o/a profesor/a organiza e selecciona os coñecementos, as actitudes e as competencias, e marca os obxectivos para garantir o traballo na aula.
Actualmente, unha programación didáctica está baseada segundo o que dita a lei de educación vixente, neste caso, a Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE), da que xa falei nesta entrada do blog. A principal novidade que amosa a LOMCE no referido á programación didáctica é a introdución duns elementos curriculares (ademais dos que xa había): os estándares de aprendizaxe e os criterios de avaliación. Os primeiros son as especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados das aprendizaxes e que concretan, mediante accións, o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada área. E os segundos son os referentes específicos para avaliar a aprendizaxe do alumnado (J. Ramírez, 2014). Elaborar una programación baseada nunha aprendizaxe por competencias, tendo en conta os estándares e os criterios de avaliación, paréceme moi recomendable. Considero que é necesario ter uns criterios concretos de avaliación e uns estándares de aprendizaxe ben definidos para que o/a docente non teña que improvisar no seu traballo e axude a desenvolver as competencias básicas do alumnado.
Á hora de deseñar unha programación didáctica xorden moitas cuestións e que os órganos de goberno encargados de contestar non son capaces de dar unha resposta satisfactoria ós profesionais do ensino. Tras examinar varias programacións na aula, comprobei a diversidade que existe entre unhas e outras. Isto pode acontecer debido ó tempo que se lle concedeu ó equipo docente de cada departamento dos centros educativos. Existen moitas críticas en canto a isto, por parte dos/as profesores, e, neste caso, entendo o motivo destas críticas. O profesorado non tivo o tempo suficiente para elaborar as programacións e tampouco puideron asistir a cursos dedicados á elaboración destas (polo menos, a maioría). Con este panorama paréceme comprensible que haxa tanta disparidade entre cada programación, mais isto tampouco pode ser a tónica habitual. Cómpre que se estableza un período de tempo «coherente» para que cada departamento poida crear con calma a súa programación didáctica. Non hai que esquecer que todo isto se fai para que o alumnado teña unha maior calidade na ensinanza.
Outra cuestión referida á elaboración dunha programación didáctica é a introdución das competencias clave ou básicas. Estas competencias desenvólvense en todas as áreas. As principais competencias que impulsa a LOMCE son a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía e a competencia dixital. Esta última, a través das Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), é «unha peza fundamental para producir o cambio metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo de mellora da calidade» (LOMCE, 2013). Parece un pouco irónico que se lle dea tanta importancia cando, aínda hoxe en día, hai moitos centros que non empregan as TIC na aprendizaxe do alumnado. Isto pode deberse a que non teñen os recursos necesarios ou porque non teñen o tempo necesario para empregar estas ferramentas. Tanto se é por unha razón ou por outra, é preciso que se acade unha solución, porque no século no que vivimos é innegable a utilidade e o beneficioso que son as ferramentas dixitais, máis no campo da docencia; claro está, sempre cun uso responsable.
Para finalizar, unha programación didáctica cuns parámetros ben definidos é esencial para a labor do/a docente. Para elaborala é necesario que cada departamento do centro educativo chegue a un consenso en canto ó que se pretende que o alumnado acade nese curso en cuestión, contando cuns estándares e criterios de avaliación claros e sempre seguindo a lei vixente. Tamén hai que realizala segundo un tempo coherente, non se pode aspirar a que o profesorado deseñe una programación perfecta nun tempo récord. Unha programación é demasiado importante como para non lle dedicar o tempo suficiente á súa elaboración. E, por último, simplemente mencionar que todas as competencias clave son moi importantes para a aprendizaxe do alumnado e que é preciso que se desenvolvan dunha forma axeitada. Todo o que implique unha mellora na educación dos/as alumnos/as é fundamental.
Con la tecnología de Blogger.

Licencia de Creative Commons

Licencia de Creative Commons
Estrategias de innovación docente en el campo de las lenguas extranjeras by Ariana Peiteado Alonso is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional License.
Back to Top