Mostrando entradas con la etiqueta métodos de enseñanza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta métodos de enseñanza. Mostrar todas las entradas

La metodología aprendizaje-servicio en la educación superior (segunda parte)

lunes, 29 de febrero de 2016
Tal y como os comenté en la entrada anterior, hoy voy a explicaros brevemente cómo desarrollar un proyecto de aprendizaje-servicio.

Primero, partimos de una idea, de una experiencia que ya exista y en la que el alumnado pueda aprender. Tenemos que ser muy cuidadosos/as y saber especificar qué tipo de competencias van a desarrollar.
Después reflexionamos sobre esta experiencia y le asociamos un servicio real, ¿cubre una necesidad social? ¿Sí? ¡Perfecto! ¡Pues ya tenemos el primer esbozo de un proyecto aprendizaje-servicio!
¿Qué más hace falta?

Si seguimos todos estos pasos, podremos poner en práctica un proyecto aprendizaje-servicio.

Os pongo el ejemplo que propuse en mi grupo:

¿Qué os parece la propuesta? ¿Creéis que se podría llevar a cabo? ¿Tenéis otras ideas?

La metodología aprendizaje-servicio en la educación superior (primera parte)

domingo, 28 de febrero de 2016
El pasado jueves asistí a una conferencia sobre la metodología aprendizaje-servicio (ApS) y cómo utilizarla en la educación superior.
¿No sabéis de qué se trata? ¡No os preocupéis! A continuación os voy a describir en qué consiste esta metodología (que no os sonará extraña) y lo que hicimos en la conferencia.


¿Ahora ya tenéis más claro lo qué es aprendizaje-servicio, verdad? Pero todavía pueden surgir muchas dudas. No todo puede ser aprendizaje-servicio, como dice el proverbio:
Os pongo un ejemplo, un grupo de alumnos/as está haciendo una venta de galletas para la tercera edad, con el fin de conseguir dinero para su viaje de fin de curso. Todos/as los/as participantes están ilusionados con la venta. ¿Esto pensáis que puede considerarse aprendizaje-servicio? ¿Sí? ¿No? ¡Salgamos de dudas!
Por lo tanto, el ejemplo que os expuse no encaja en la metodología de aprendizaje-servicio.
Tenemos que recordar que aprendizaje-servicio NO es:
  • Voluntariado
  • Servicio comunitario
  • Prácticas
  • Trabajo de campo


Y de identificar qué proyecto puede ser un aprendizaje-servicio y cuál no fue el primer ejercicio práctico que tuvimos que realizar en la conferencia. Os comparto la tabla:
Como podéis observar, a veces, no es tan sencillo distinguir si hay aprendizaje-servicio y si no hay. Siempre partimos de un servicio real y de un aprendizaje dirigido, ¡no lo olvidéis!
Y hasta aquí la primera parte de la conferencia. En los próximos días os explicaré cómo poner en práctica un proyecto aprendizaje-servicio.
Si tenéis alguna duda o si ya habéis realizado una experiencia de este tipo, ¡os animo a comentarla!

Las metodologías de la enseñanza a través de la gamificación

miércoles, 24 de febrero de 2016
En la cuarta sesión de la materia Didáctica de enseñanza de las lenguas extranjeras estuvimos viendo las distintas metodologías existentes de la enseñanza de lenguas. Y, a pesar de que es un tema muy interesante, puede resultar un poco denso para el alumnado. Por eso en esta entrada os voy a comentar distintas formas de presentar este tema que son más motivadoras que una simple explicación de contenidos.

Así, podemos empezar con una sopa de letras para que los/as estudiantes empiecen a familiarizarse con los conceptos.


A continuación, podemos realizar un juego de predicción, es decir, a partir de un concepto, cada alumno/a anota en un folio lo primero que se le pase por la mente. Por ejemplo, cuando escucho método tradicional, la primera palabra en la que pienso es en gramática.
A partir de estas actividades previas, los/as alumnos/as estarán más dispuestos a escuchar una breve descripción de cada metodología, siempre aligerando cada explicación con un ejemplo práctico para que se comprenda mejor.
Para comprobar que se ha entendido lo dicho en la sesión, podemos pedirle al alumnado que realice este test.
Test creado con GoConqr por ari2490.mdp

Por último, si queréis saber más sobre las metodologías de la enseñanza, os recomiendo que echéis un vistazo a esta entrada del blog. ¡Hasta la próxima entrada!

ASPECTO MÁIS RELEVANTE DO TEMA 8: Análise dos métodos de ensino de linguas estranxeiras

domingo, 17 de enero de 2016

A forma ideal de ensinar unha lingua evolucionou ó longo da historia e así, hoxe en día, podemos contar con numerosos métodos. A maioría dos métodos son orixinarios de Europa ou dos Estados Unidos. A continuación, analizarei os distintos métodos de ensinanza de linguas estranxeiras, centrándome naqueles europeos e estadounidenses.
Procedente de Alemaña, a finais do século  XVIII, está o método de gramática e tradución ou método prusiano, que pon énfase nas regras gramaticais a través da aprendizaxe dedutiva. Este método baséase na memorización, nas listas bilingües, na literatura e, por suposto, na gramática e na tradución. Para o método prusiano a aprendizaxe lévase a cabo por medio de regras gramaticais e, despois, aplícase á tradución de oracións á lingua materna (L1) ou dende esta á lingua estranxeira ou segunda (L2). Aquí o aspecto oral e auditivo non importa.
Tras cuestionar este método, xorde en Boston (Estados Unidos) o método natural ou método de Gouin, que parte da convición de que a aprendizaxe dunha segunda lingua segue un proceso similar ó da primeira. Os principios dos que parte este método son que a partir da pronunciación o/a alumno/a aprende unha lingua, que a aprendizaxe dunha lingua pode realizarse sen recorrer á lingua materna e a importancia da comunicación oral. Neste método o/a docente utiliza un sistema de preguntas e respostas na segunda lingua. O método natural converterase posteriormente no método directo.
O método directo ou método Berlitz é o máis estendido de entre todos os métodos naturais. Orixinario de Alemaña e máis de Francia, este método emprega exclusivamente a segunda lingua ou lingua meta. Xira en torno ó contido léxico e a ensinanza da gramática é indutiva, é dicir, a través dun audio ou texto preséntanse as regras. Realízanse ditados e redaccións para traballar a expresión escrita e utilízanse obxectos e debuxos para presentar o vocabulario. Co método directo o/a profesor/a é o auténtico protagonista da clase, este non explica nin dá discursos, senón que fai preguntas e corrixe os erros do alumnado. Hai moitos detractores deste método que afirman que carece de base metodolóxica, mais fixo visible certos problemas que existían na ensinanza das linguas estranxeiras.
Da Gran Bretaña dos anos vinte procede o método oral e ensino situacional de linguas. Fronte ás dificultades que supoña o método directo, foron lingüistas como Palmer en Hornby quen idearon as bases do método oral. Aquí emprégase a lingua meta, poténciase a destreza comunicativa, ensínase a gramática indutivamente, deséñanse situacións para usar a lingua meta e concíbese como importante o vocabulario e a gramática. Este método evolucionou ata converterse na ensinanza situacional de linguas, entre os anos 50 e 60.
Por aquela época, en Estados Unidos comézase a dar unha maior importancia ó ensino de linguas estranxeiras e aparece o método audiolingüe ou método Fries. O principal obxectivo deste método é o desenvolvemento das competencias de comprensión e expresión oral, a partir das cales, o/a alumno/a poderá mellorar a expresión escrita. A secuencia da clase sería: primeiro, unha audición dun texto; a continuación, traballar oralmente ese texto mediante exercicios de repetición e memorización e, por último, realizar actividades estruturais orais e escritas. Este método está baseado nos drills, que consisten en repetir o escoitado.
Fronte ós métodos puramente gramaticais, xorde o método comunicativo (Communicative Approach) ou enfoque nocional-funcional, que dá prioridade ás destrezas comunicativas. Ademais, céntrase nas necesidades do alumnado, adecúa a lingua a cada situación e inclúe a interacción entre o/a docente e o/a estudante. Con este método lévanse a cabo actividades para encher ocos, xogos teatrais ou de rol (role play), realízanse cuestionarios ou enquisas. O método comunicativo non responde a ningún texto ou autoridade única, senón que existen distintas versións e interpretacións do mesmo.
Volvendo ós Estados Unidos, e máis concretamente a California, durante os anos 70 prodúcese un auxe do método Asher ou tamén chamado resposta física total. Este método afirma que a memoria se activa pola resposta física do/a alumno/a, a través de accións apréndese unha lingua. O/a profesor/a concíbese como un director de teatro e dálle maior importancia á comprensión oral, xa que é fundamental para despois producir. Neste método non hai libros de textos nin materiais establecidos, realízanse actividades do tipo «Simón di».
Xa en Europa, nos anos 60 Gattegno populariza o método silencioso, que concibe o proceso de aprendizaxe dunha lingua como un proceso mental. Recibe este nome porque o/a docente queda relegado a un segundo plano, dándolle protagonismo ó alumnado. Neste método non se empregan técnicas de repetición nin de imitación, senón que se usan apoios gráficos e visuais, regretas de cores e mímica. Para o método silencioso, a lingua preséntase como series de cores nas que se distinguen as vocais e as consonantes e a gramática non importa, senón a pronunciación. Normalmente, na aula os/as estudantes séntanse en círculo e interactúan entre eles.
No ano 1978, en Bulgaria xurdiu un dos métodos de ensinanza máis innovadores: a suxestopedia. Este método foi creado polo psiquiatra Lozanov e que afirma que unha persoa aprende mellor unha lingua se está nun ambiente relaxado e distendido, por medio da suxestión. A suxestopedia céntrase no vocabulario e na comunicación oral e a través de carteis, cancións, dramatizacións de lecturas, xogos teatrais ou de rol créase un contorno agradable no que o/a estudante asimila mellor os coñecementos. Este método evita a corrección de erros e a avaliación por métodos formais porque considera que prexudica o ambiente provocando ansiedade no alumnado.
E, por último, o método que se emprega actualmente é o enfoque por tarefas, creado no Reino Unido. Este método susténtase no feito de que a partir dunha «tarefa» (unha ou máis actividades) desenvólvese a competencia comunicativa do/a estudante e favorécese a autonomía da aprendizaxe («aprender a aprender»). Para levar a cabo unha tarefa é necesario aprender a lingua. Co enfoque por tarefas o/a profesor é o responsable de controlar todas as actividades e o/a alumno/a participa activamente no proceso de aprendizaxe.  
En resumo, tanto os métodos europeos (método de gramática e tradución, método directo, método oral, método silencioso, suxestopedia e o enfoque por tarefas) como os estadounidenses (método natural, método audiolingüe e a resposta física total) supuxeron un cambio na forma de ver a ensinanza das linguas estranxeiras no seu momento. Hai que ter en mente que non existe ningún método de ensinanza que sexa perfecto, todos teñen as súas vantaxes e as súas desvantaxes. Por exemplo, o método comunicativo ten como parte positiva que atende ás necesidades do alumnado e que o capacita para unha comunicación real, mais tamén presenta o inconveniente de que o/a profesor/a require unha gran habilidade á hora de adecuar o input ó nivel dos/das estudantes. Tampouco hai ningún método que se adecúe ás necesidades de todos os/as estudantes. É tarefa do/a docente decidir cal é o método que mellor se axeita ó seu grupo-aula.
Con la tecnología de Blogger.

Licencia de Creative Commons

Licencia de Creative Commons
Estrategias de innovación docente en el campo de las lenguas extranjeras by Ariana Peiteado Alonso is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional License.
Back to Top